Nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. Un encontro que había desembocar nun amor inmenso: "......e entrou el. Ao pasar ao meu carón sorriume, fitoume, e xa non houbo máis olladas nin máis soños. Amar. A miña vida comeza nel" (Helena. Escena VII)
A chegada da guerra de 1936 vai levar a Manuel ao frente republicano, e a súa vida vai rematar en Albacete un ano despois: "Está enterrado nunha foxa común a doce quilómetros de Quintanar del Rey" (Helena. Escena 1)
Á morte de Manuel, Helena, a súa viuva, fica na Vila, coa súa pequena filla, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que ha traer dramáticas consecuencias. Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características da tal herdanza e as consecuencias da súa conservación.